Ourense, 25 de setembro de 2018.- A ilustradora ourensá MarÃa Villarino López (Ourense, 1975) foi a gañadora do XV premio de literatura infantil e xuvenil "Pura e Dora Vázquez" na modalidade de Ilustración, dotado con 1.500 euros, que convoca a Deputación de Ourense. O xurado, reunido esta mañá no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" destacou da obra premiada a orixinalidade das creacións artÃsticas, debuxadas a man pola ilustradora. Os traballos presentados foron obras inéditas e orixinais baseadas no texto gañador do premio de narración desta edición da escritora Ãnxela Gracián, titulado As historias da ogra Pinta.
O xurado estivo presidido polo deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, e integrado como vogais por José Manuel Fernández, Carlos RodrÃguez, Mario González e Xosé Manuel Cid, actuando como secretaria Ana Malingre.
MarÃa Villarino López naceu en Ourense no ano 1975. A gañadora do XV Premio "Pura e Dora Vázquez" de Ilustración, profesora de Ensino Secundario, é ilustradora e coautora do proxecto didáctico de Os Barballocas 2006-2008. Tamén foi finalista do Certame Internacional Frontera de Papel, da concellerÃa de Xuventude e Deportes do Concello de Sevilla, no ano 2010.
O premio "Pura e Dora Vázquez" ten como obxectivo fomentar a lectura no público máis novo e á vez recoñecer o traballo de autores literarios e artÃsticos, unindo na obra premiada estas dúas disciplinas creativas. O libro incluirá o texto gañador e as ilustracións galardoadas polo xurado, e empregarase como elemento de difusión e divulgación en campañas de animación á lectura.