Ourense, 31 de xullo de 2019.- O vindeiro domingo, 4 de agosto, terá lugar a celebración da XXII Feira do Pemento de OÃmbra, unha das citas gastronómicas máis importantes do verán na provincia de Ourense. Na presentación deste evento, que tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, destacou que o pemento "é o rei da horta en OÃmbra, un produto que representa o alimento natural de calidade básico na gastronomÃa e na economÃa desta contorna", e sinalou que esta festa, "declarada de Interese TurÃstico de Galicia e que conta coa distinción de calidade de Indicación Xeográfica Protexida, ten ao pemento como produto referente, datado no século XIII, desta comarca que combina serra e val".
Pola súa banda, a alcaldesa de OÃmbra, Ana Villarino, explicou que a consolidación desta festa vese cada ano na gran afluencia de público, detallando que se prevé un consumo de máis de mil quilos de pementos nesta edición. "Trátase dunha celebración na que se conxuga gastronomÃa, música, actividades lúdicas e exposición de diversos produtos de horta e artesáns, asà como de maquinaria agrÃcola", dixo Ana Villarino, destacando que as actividades darán comezo ás 12.00 horas co concurso de pratos de cociña -cuxo ingrediente principal é o pemento, con receitas dos propios veciños- e a animación musical a cargo de DJ Ness. Ãs 14.00 horas terá lugar o xantar popular e a animación da charanga Támega, e ás 20.00 horas a actuación do grupo musical valdeorrés Son do Sil.
Ao longo de toda a xornada haberá na carballeira do municipio, onde se celebra a feira, inchables para os nenos e xogos populares para o público de todas as idades, e durante todo o dÃa haberá degustación gratuÃta de pementos. O obxectivo de poñer en marcha desta feira, que xa vai pola súa 22ª edición, foi para dar a coñecer este produto de excelente calidade, por parte dos produtores da zona, "e contribuÃr asà a dinamizar a economÃa da contorna de OÃmbra, na que destaca tamén a súa riqueza vitivinÃcola, etnográfica e do patrimonio histórico", expresou a alcaldesa.