Ourense, 20 de maio de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde ó acto de entrega da distinción de Colexiado de Honra ó economista ourensán Guillermo Diez, que tivo lugar na sede de Afundación. Con esta homenaxe, o Colexio de Economistas de Ourense -do que Guillermo DÃez foi presidente entre 2013 e 2019- recoñeceu a contribución de DÃez á entidade, actualmente presidida por Carmen Sampayo, anfitriana do acto desta tarde.
A homenaxe a Guillermo DÃez estivo encabezada polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e contou coa presenza do presidente do Consello Económico e Social de España, Antón Costas; o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén; o presidente do Consello Xeral de Economistas de España, Valentà Pich ou o presidente do Consello Galego de Economistas, Miguel Vázquez TaÃn.
O vicepresidente segundo do goberno provincial, César Fernández, participou hoxe en Terras do Bouro (Portugal) na reunión da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho da que saÃu este novo proxecto de cooperación
Unha nova entidade que se espera estea constituÃda antes de finais de ano e que terá entre os seus principais obxectivos "a captación de fondos europeos para a dinamización deste espazo nos máis diversos ámbitos", destacou Fernández
A Deputación establecerá os concellos que formarán parte do proxecto, non menos de dez, xa que ademais dos situados na Reserva da Biosfera Gêres-Xurés tamén poderÃan sumarse outros municipios próximos
Terras do Bouro, 20 de maio de 2022.- A Deputación de Ourense liderará a representación dos concellos ourensáns que participarán na Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza dos territorios da Reserva da Biosfera Gêres-Xurés. Unha entidade de nova creación que se espera estea constituÃda antes de finais de ano e que terá entre os seus principais obxectivos "a captación de fondos europeos para a dinamización deste espazo nos máis diversos ámbitos", destacou o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, trala conclusión do encontro celebrado hoxe en Terras do Bouro pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho.
Na reunión participaron os representantes das cámaras municipais de Ponte da Barca, Montalegre, Arcos de Valdevez e Melgaço, ademais de Terras do Bouro como anfitriona. Por parte galega e xunto con César Fernández acudiu á convocatoria o secretario da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Xosé Lago.
O vicepresidente segundo da Deputación valorou positivamente a decisión de iniciar un proxecto transfronteirizo, "un máis para a provincia con máis quilómetros de fronteira con Portugal", onde as prioridades estará no desenvolvemento do territorio a través do coidado do medioambiente, da conservación e promoción do patrimonio arquitectónico e material, "ademais de medidas de carácter social e de reto demográfico".
César Fernández avanzou que será a Deputación a que estableza os concellos que formarán parte do proxecto, non menos de dez, xa que ademais dos situados na Reserva da Biosfera Gêres-Xurés tamén poderÃan sumarse outros municipios próximos.
No colexio público Virxe da Saleta, onde se celebrou o acto esta mañá, o vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, afirmou que con este galardón "situamos o nome das autoras e autores contemporáneos ao carón de dúas xigantes das nosas letras"
O galardón, que convoca anualmente a Deputación de Ourense, está dotado con 1.500 euros para cada modalidade e ten como obxectivo fomentar a lectura no público máis novo, asà como recoñecer o traballo de autores literarios e artÃsticos
San Cristovo de Cea, 20 de maio de 2022.- O colexio público Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea acolleu esta mañá o acto de entrega do XVIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez, que por decisión do xurado tivo como gañadores nesta edición aos ourensáns Pablo Nogueira, polo seu libro O clube de coleccionistas de selos, e á ilustradora Eva Piay, que coas súas láminas puxo imaxes á obra galardoada. Ademais dos premiados, o acto contou coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; a deputada provincial de Cultura e Producións Audiovisuais e presidenta do xurado, Patricia Torres; o alcalde de Cea, José Luis Valladares; e a xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Judith Fernández.
Rosendo Fernández destacou que este acto se celebra "dous dÃas despois de que a Xunta de Goberno da Deputación validara a proposta de Manuel Baltar para presentar a candidatura das irmás Pura e Dora Vázquez ás Letras Galegas de 2023". Agora, dixo, "situamos o nome das autoras e autores contemporáneos ao carón de dúas xigantes das nosas letras". Desde a Deputación, afirmou, "temos adquirido un firme compromiso coa promoción da nosa cultura incentivando a creación, máis importante se cabe na literatura infantil e xuvenil en galego, pois contribuÃmos a espertar o gusto pola lectura e defender o uso do idioma que nos dá identidade".
Patricia Torres agradeceu o labor do xurado integrado por David Canda, Antón Alonso, Xosé Antón Dorrio, Isabel Mociño, e Ana Malingre como secretaria, ademais da propia deputada como presidenta. Desexou que o alumnado goce dun libro "que ademais das diferenzas tamén fala de persoas moi importantes nas nosas vidas como os avós".
Protagonista no seu colexio
Pablo Nogueira, ovacionado no seu colexio de Cea por máis dun cento de alumnos presentes no acto, explicou que desde as páxinas do seu libro tratou de artellar unha historia "onde aspectos como a inclusión, a diversidade e diferenza cobrasen unha grande importancia", aspecto valorados e reflectidos por Eva Piay nas súas ilustracións, "que ademais da escrita tamén nos permiten expresarnos, falar do que somos e do que pensamos".
O galardón, que convoca anualmente a Deputación de Ourense, está dotado con 1.500 euros para cada modalidade e ten como obxectivo fomentar a lectura no público máis novo, asà como recoñecer o traballo de autores literarios e artÃsticos, unindo na obra premiada estas dúas disciplinas creativas.
Un mestre de audición e linguaxe e unha estudante de Belas Artes
Pablo Nogueira Campo (O Carballiño, 1987) é mestre de Audición e Linguaxe no colexio de Cea. Licenciado en PsicopedagoxÃa pola USC, ten publicadas dúas novelas curtas para o público adulto: Banda Sonora Orixinal (Fervenza, 2019), obra ganadora do IV Certame Balbino de relatos, e Música para os dÃas de inverno (Laiovento, 2020). O clube de coleccionistas de selos inclúe "unha perspectiva inclusiva que da visibilidade á diversidade funcional entre a infancia", destacou o xurado, salientando tamén "a posta en valor do medio natural e a necesidade do seu coidado, asà coma a figura do avó e as relacións interxeracionais".
Eva Piay Fernández (Rubiá, 1999), que se presentou ao certame co pseudónimo "Auga doce", cursa o último ano de Belas Artes en Valencia. Compaxina os estudos co traballo como ilustradora en varias revistas e fanzines, e ten colaborado ademais con escritoras, concellos e organizacións en traballos de ilustración e cartelerÃa. O xurado subliñou que as imaxes propostas para ilustrar o libro ofrecen "panorámicas e contextos diversos, e que representan perfectamente a idea da diversidade que ofrece a narración".
Monterrei, 20 de maio.- A deputada e alcaldesa de OÃmbra Ana Villarino participou esta mañá nunha reunión de traballo do Plan Monterrei presidida polo conselleiro de Medio Rural, José González, e que tivo como obxectivo presentar "este proxecto ás autoridades da área fronteiriza portuguesa, co fin de que elas tamén poidan elaborar o seu propio plan piloto e optar asà a fondos Next Generation", segundo explicaron dende a ConsellerÃa de Medio Rural.
O plan, que xa conta cun investimento de 17 millóns de euros enfocados á posta en valor do castelo de Monterrei desde a perspectiva turÃstica, está impulsado pola Xunta, a Deputación de Ourense e concellos ourensáns de Castrelo do Val, Laza, Cualedro, Monterrei, OÃmbra, VerÃn, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita e Riós, coa participación, tamén, da Deputación provincial.
Nesta liña, na reunión estiveron presentes, ademais do conselleiro de Medio Rural e Ana Villarino; a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé; a directora xeral de Impulsa Galicia, Enyd López; o subdirector de Planificación e Dinamización do Medio Rural da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Alfredo Fernández; e os alcaldes de Monterrei, José Luis Suárez; Castrelo do Val, Vicente Gómez; Vilardevós, Manuel Cardoso; A Gudiña, José MarÃa Lago; Cualedro, Luciano Rivero; de Riós, Eva MarÃa Barrio; e VerÃn, Gerardo Seoane, ademais da concelleira de Servizos Sociais da Mezquita, Tamara Ballesteros, e cinco axentes da Fundación Juana de Vega.
Nesta reunión tamén participaron o presidente da Cámara Municipal de Montalegre, Orlando Alves, e o doutor adxunto do Gabinete da Secretária de Estado do Desenvolvimento Regional, João Barreira.