A xornada celebrarase o sábado 1 de abril, cun programa que arrancará ás 11,00 horas co acendido dos fornos e incluirá xantar popular, actuacións musicais e o fiadeiro
Ourense, 23 de marzo de 2023.- A Deputación de Ourense colabora a través do Inorde coa 3º Fornada Tradicional e Fiadeiro de Niñodaguia, en Xunqueira de Espadanedo, unha festa de interese etnográfico que se celebrará nesta localidade o vindeiro sábado 1 de abril e que terá como protagonista á artesanÃa local coa cerámica e o fÃo.
A xornada, organizada pola Asociación Cultural Amigos do Barro de Niñodaguia, a Asociación de Veciños de Niñodaguia e a Comisión de Festas de Niñodaguia, forma parte do programa "DÃas Europeos da ArtesanÃa", coordinado pola Fundación ArtesanÃa de Galicia, e conta tamén coa colaboración do Museo Taller de OlerÃa de Niñodaguia e o Concello de Xunqueira de Espadanedo.
A presentación desta nova edición da Fornada Tradicional tivo lugar hoxe no Pazo Provincial e contou coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; o presidente da Asociación Cultural Amigos do Barro de Niñodaguia, AgustÃn Vázquez; e a representante da Asociación de Veciños de Niñodaguia, Rosa MarÃa Gallego.
Programa de actividades
A 3ª Fornada Tradicional de Niñodaguia dará comezo o 1 de abril ás 11,00 horas co acendido dos fornos e o inicio da actividade artesá. Xa no mediodÃa, despois da sesión vermú amenizada polo grupo "Os do Fuelle" (13,30 horas) celebrarase un xantar popular, en cuxo prezo estarán incluÃdos un prato e unha cunca da alfarerÃa tradicional de Niñodaguia, tendo como prazo de inscrición ata o 26 de marzo -cun prezo de 12 euros, 8 para os nenos de ata 12 anos e gratis para os menores de 6-.
O xantar contará tamén coa actuación de "Os do Fuelle" e sorteos de pezas de cerámica tradicional. Será en horario de tarde, a partir das 17,00 horas, cando se celebre o Fiadeiro. Os asistentes a esta xornada festiva deberán vestir roupa tÃpica de comezos do século XX.
A proba, que se celebrará entre o 6 e o 9 de abril, partirá diariamente de Baños de Molgas e atravesará os concellos de Maceda, Vilar de Barrio, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas e Taboadela
A cita contará con catro etapas cun percorrido medio de 70 quilómetros, participando uns 150 ciclistas de media en cada etapa entre as sete categorÃas en modalidade masculina e feminina
Ourense, 23 de marzo de 2023.- Arredor de 300 ciclistas participarán do 6 ao 9 de abril nunha nova edición da Challenge "Os 4 dÃas de Ourense", unha proba organizada pola Fundación ADO Moure e a Deputación de Ourense, coa colaboración pública da Xunta de Galicia.
A nova edición desta proba ciclista foi presentada esta mañá no Pazo Provincial, contando coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias; o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Fundación ADO Moure, Carlos Moure; o representante do Grupo La Región, Jorge Villarino; e o xerente de Toyota Ourense, Pablo Pérez.
A proba constará de 4 etapas cun percorrido medio de 70 quilómetros, partindo diariamente de Baños de Molgas e atravesando tamén os concellos de Maceda, Vilar de Barrio, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas e Taboadela.
Segundo estima a organización da Challenge "Os 4 dÃas de Ourense", dos 300 ciclistas inscritos nas sete categorÃas en modalidade masculina e feminina participarán, de media, uns 150 en cada unha das catro etapas.
Ourense, 22 de marzo de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta tarde na entrega de galardóns da V edición dos premios de investigación do Campus da Auga. César Fernández entregou o premio ao TFG máis destacado, que foi para Jorge Ledo polo traballo "Modelado fÃsico e numérico da interacción entre ondas e obxectos flotantes", titorizado por Alejandro Cabrera e José Manuel DomÃnguez.
Ourense, 22 de marzo de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, visitou esta tarde a primeira edición da Feira de Emprego do Campus de Ourense, na que o goberno provincial colabora e conta cun stand propio co obxectivo de dar a coñecer os programas da institución provincial vencellados ao emprendemento.
César Fernández estivo acompañado, entre outros, polo reitor da UVigo, Manuel Reigosa; a conselleira de Emprego, MarÃa Jesús Lorenzana; o subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; a vicerreitora do Campus, Elena Rivo; ou a xerente do Inorde, Emma González.
Esta feira de emprego, organizada pola Ãrea de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo e a VicerreitorÃa do campus de Ourense, conta con arredor de 60 entidades -relacionadas coas diferentes titulacións ofertadas polas facultades e escolas universitarias- buscando captar talento e con máis de 200 estudantes inscritos buscando información e oportunidades para o seu futuro profesional.