MOCIÓN PARA INSTAR AO GOBERNO DE ESPAÑA A RECOÑECER, PRESERVAR E DOTAR ORZAMENTARIAMENTE OS XUZGADOS DE PAZ

Compartir

MOCIÓN PARA INSTAR AO GOBERNO DE ESPAÑA A RECOÑECER, PRESERVAR E DOTAR ORZAMENTARIAMENTE OS XUZGADOS DE PAZ

En Galicia, os xulgados de paz son un instrumento de xustiza que, cun marcado
carácter tradicional e moi propio da nosa comunidade, demostraron ao longo da
historia a súa utilidade e eficacia na resolución de conflitos.
Actualmente, os xulgados de paz están presentes na meirande parte dos
concellos da provincia e abarcando practicamente todo o territorio de Galicia,
converténdose, ao mesmo tempo, nun modelo de xustiza moi propio da nosa
Comunidade Autónoma, imprescindible pola súa proximidade e dando servizo a
todos os veciños e veciñas, xa que están integrados nos concellos. Os xulgados
de paz contan con persoal que coñece os municipios e teñen unha actuación
baseada sobre todo na mediación.
Os xulgados de paz constitúen a maior estrutura xudicial e son competentes nos
ámbitos civil, penal e do rexistro civil, sendo este último un dos principais
servicios que presta, en colaboración cos concellos.
Capitulo aparte nos xulgados de paz, meréceo o seu persoal. O secretario é un
funcionario público, designado polo concello, que forma parte do Corpo de
Xestión Procesual e Administrativo. As súas funcións inclúen a dirección da
oficina xudicial, o exercicio da fe pública xudicial, a formación de autos e

expedientes e o impulso procesual, ademais das súas propias competencias no propio concello, polo que moitas veces vense saturados e desmoralizados.
Coa aplicación da nova lei de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza, os concellos de pequeno tamaño que non son cabeza de partido xudicial verán transformar os seus Xulgados de Paz en Oficinas de Xustiza, o tamén coa posibilidade de facer agrupacións ata chegar aos 7.000 veciños, que máis aló de servizos relacionados coa administración de xustiza, prestan outros servizos aos cidadáns.
Así, estas novas Oficinas poderán favorecer o principio de inmediación en diferentes actuacións xudiciais coa utilización de ferramentas como a videoconferencia, que permitirán conectar á cidadanía de calquera territorio -en especial, das áreas con maior despoboamento- con calquera xulgado de España.
As Oficinas poderán facilitar tamén os trámites co Rexistro Civil, serán puntos de acceso ao expediente xudicial, apoiar o sistema de cita previa con xulgados e Xerencias Territoriais, conectar cos Colexios de Avogados, practicar actos de comunicación procesual, previstas na estratexia de Xustiza 2030, e conectar coas Oficinas de Atención ás Vítimas do delito.
Pero a nova lei non ven dotada da partida orzamentaria correspondente, facendo que estas novas funcións sexan asumidas tanto polos concellos como pola Xunta de Galicia, repercutindo na súa maltreita economía, facéndolle asumir novas competencias.