Política de privacidade

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, está especialmente sensibilizada na protección de datos de carácter persoal dos Usuarios/as dos servizos do sitio Web.

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, informa os USUARIOS/AS dos usos aos que se someten os datos de carácter persoal que se solicitan neste sitio web, co fin de que decidan, libre e voluntariamente, se desexan facilitar a información solicitada.

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, resérvase a facultade de modificar esta Política de privacidade co obxecto de adaptala a novidades lexislativas, criterios xurisprudenciais, prácticas do sector, ou intereses da entidade. Calquera modificación na mesma será anunciada coa debida antelación, a fin de que teña perfecto coñecemento do seu contido.

RESPONSABLE 

O responsable do tratamento dos datos de carácter persoal é a DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, con CIF P3200000B, con domicilio social en Rúa Progreso 32, 32003 Ourense. WEB: http://www.depourense.gal. Teléfono: (+34) 988 317 500 e Correo-e: atga@depourense.gal

DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS 

Os datos de contacto do Delegado de Protección de Datos (DPD), ao que poderá dirixirse postalmente na dirección anterior ou ben a través da dirección de correo electrónico dpd@depourense.es

FINALIDADE DO TRATAMENTO 

A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais, lévase a cabo para a xestión dos diferentes procedementos administrativos, para informar acerca da súa tramitación, resolución e posterior notificación aos interesados/as. 

Os datos pasarán a formar parte do Rexistro de Actividade de Tratamento (RAT) da Deputación e este manterase sempre actualizado, e o cal se pode consultar na correspondente ligazón.

PRAZO DE CONSERVACIÓN 

Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo mínimo imprescindible, salvo que por imperativo legal se teña obrigación de conservalos durante máis tempo ou mentres vostede non exercite o seu dereito de supresión, sempre que os datos resulten adecuados, pertinentes e limitados ao necesario para os fins para os que sexan tratados.

LEXITIMACIÓN 

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, está lexitimada para o tratamento de datos persoais, en base ao cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos e, en base ao consentimento outorgado polo interesado/a para un ou varios fins específicos, tal e como recolle o artigo 6.1. e) e 6.1 a) do Regulamento Xeral de Protección de datos persoais.

DESTINATARIOS 

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, poderá ceder os datos a outras administracións públicas cando sexa estritamente necesario para a xestión do procedemento ou atención de peticións, a diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios da Deputación Provincial de Ourense, para dar publicidade en determinados procedementos administrativos nos que resulte legalmente esixible.

DEREITOS DOS INTERESADOS-USUARIOS/AS 

O interesado-usuario/a dos datos persoais, poderá en todo caso exercitar os dereitos que lle asisten, de acordo con o RGPD, e que son:

  • Dereito a solicitar o acceso aos datos persoais relativos ao interesado.
  • Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión.
  • Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento.
  • Dereito a opoñerse ao tratamento.
  • Dereito á portabilidad dos datos.

O interesado/a poderá exercitar tales dereitos mediante solicitude acompañada dunha fotocopia da súa N.I.F., N.I.E. ou pasaporte en vigor, remitida ao Responsable de Tratamento DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, no seu domicilio sito en Rúa Progreso 32, 32003 Ourense ou ao Delegado de Protección de Datos, DPD, na mesma dirección ou ben, a través da dirección de correo electrónico: dpd@depourense.es e, en caso de non obter resposta, poderá exercitar os seus dereitos mediante comunicación á Axencia Española de Protección de Datos –AEPD-, a través de https://www.aepd.es/es

MEDIDAS DE SEGURIDADE 

O responsable do tratamento DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, aplicará medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade adecuado ao risco do mesmo, de acordo con o art. 32 RGPD.