De conformidade co sinalado no considerando 82 do Regulamento xeral de protección de datos, para demostrar a conformidade co mesmo, o responsable do tratamento debe manter rexistros das actividades de tratamento baixo a súa responsabilidade. Todos os responsables están obrigados a cooperar coa autoridade de control e a poñer á súa disposición, previa solicitude, estes rexistros, de modo que poidan servir para supervisar as operacións de tratamento..
Na súa consecuencia, a entidade/profesional DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, provista/ou de CIF/NIF P3200000B, e con domicilio a efectos de notificacións en RÚA DO PROGRESO, Nº 32, 32003 OURENSE (Ourense), elaborou o presente “Rexistro das actividades de tratamento”, coa finalidade de dar cumprimento co establecido no artigo 30 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).
No suposto de tratarse dun dos suxeitos obrigados a iso en virtude da normativa vixente de protección datos, o responsable do tratamento deberá facer público e accesible por medios electrónicos un inventario das súas actividades de tratamento.
Así mesmo, o rexistro das actividades de tratamento deberá manterse actualizado, rexistrando calquera adición, modificación ou exclusión no seu contido. Na súa consecuencia, o presente rexistro terá a vixencia temporal máxima dun ano natural a partir da seguinte data:
15/12/2025
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| rexistro-das-actividades-de-tratamento-galego.docx | 593.7 KB |