O Consorcio de Augas de Valdeorras está integrado polos Concellos de O Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Bolo O, Larouco, Petín, Rúa A, Rubiá, Veiga A e Vilamartín de Valdeorras, a Deputación Provincial de Ourense e o ente público empresarial Augas de Galicia.
O Consorcio de Augas de Valdeorras ten como competencia propia a de ordenar e xestionar un servicio intermunicipal de depuración de augas residuais e de policía administrativa en materia de vertidos de augas residuais, por delegación dos concellos que o integran, podendo asumir por delegación o exercicio de calquera competencia municipal relacionada cos servizos de abastecemento e saneamento para todos o algún dos concellos consorciados, nos termos que sinalen os oportunos acordos de delegación
O Concello de O Barco de Valdeorras delegou no Consorcio de Augas de Valdeorras as súas competencias de xestión en materia de abastecemento de auga potable á poboación e está previsto que nun futuro sexan máis os concellos interesados en efectuar a mesma delegación.