Ata inicios do 2000 existian moi poucos parques de bombeiros en Galicia, situados e dando cobertura principalmente nas grandes cidades. Esta situación denotaba a precariedade do servizo contra incendios e de salvamento, dado que a cobertura das areas rurais dependia case en exclusiva das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. Finalmente, a fórmula elixida na nosa Comunidade Autónoma para extender o servicio a máis das tres cuartas partes do territorio e poboación galegos, integrando a todas as administracións implicadas, foi a do “Consorcio Contra Incendios e de Salvamento”, surxindo así o Consorcio contra Incendios.