
A Biblioteca da Deputación de Ourense, situada nos baixos do Pazo Provincial, inaugurouse oficialmente o Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 1982, pero as súas portas abríanse ó público en 1984.
O día 4 de xuño de 2007 a Biblioteca trasládase ás renovadas dependencias do Centro Cultural Marcos Valcárcel no terceiro andar, cunha superficie máis ampla onde poder albergar nun espazo máis definido as distintas bibliotecas de autores ourensáns.
A Biblioteca forma parte da Rede de Bibliotecas de Galicia, integrada como biblioteca Especializada, xa que custodia fondos de especial interese para a cultura galega.
A Biblioteca alberga nos seus estantes importantes fondos bibliográficos e documentais, en virtude de donacións e adquisicións, algunha delas tan importantes como a de Xosé Ramón Fernández-Oxea "Ben-Cho-Shey", Alberto Vilanova, Eduardo Blanco-Amor, Álvaro de las Casas, José Pérez Ávila, Federico e Matilde Lloria, Pura e Dora Vázquez, Benito Fernández Pérez, José González Paz, Manuel Albendea Gómez de Aranda, Xesús Alonso Montero, e a biblioteca carlista donada por Manuel Rego Nieto, o legado do escritor ourensá Xosé Fernández Ferreiro, e a última incorporación a de Elixio Rivas.
Ademais das bibliotecas de autores, a biblioteca conta cun fondo propio constituído polo fondo antigo, publicacións periódicas, folletos, fotografías, etc...
Os obxetivos prioritarios son a difusión, acceso á información e á cultura, a conservación e o enriquecimento do patrimonio bibliográfico da nosa provincia.
PREMA AQUÍ PARA ACCEDER O NOSO CATÁLOGO