Presentación do "Festival Hércules Brass"

Compartir
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar o vindeiro luns, 18 de xullo, a presentación do "Festival Hércules Brass". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e do alcalde do Concello de Celanova, José Luis Ferro.