.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá martes, 19 de xullo, a presentación da segunda xornada da XXXI edición da "Xuntanza Internacional de Gaiteiros". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; do presidente da comisión de festas da Ponte, Sindo Alonso; e do director da Escola de Gaitas, Xosé Lois Foxo.