.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel", terá lugar mañá mércores, 20 de xullo, a presentación dos "Tours virtuais Google Maps". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e do fotógrafo certificado de Google, Fernando Sacó.