.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá venres, 12 de agosto, a presentación da VII edición da marcha nocturna "Entre lobos e estrelas". O acto contará coa participación do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; do alcalde do Concello de A Veiga, Juan Anta; dos organizadores da actividade do Clube de Montaña O Trisquel de Trevinca, Marcos Pérez e Antonio Fernández.