Presentación da II carreira popular "Trevinca-A Veiga"

Compartir
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá venres, 12 de agosto, a presentación da II edición da carreira popular "Trevinca-A Veiga". O acto contará coa participación do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; do alcalde do Concello de A Veiga, Juan Anta; do delegado e o director técnico da Delegación Valdeorresa de Atletismo, Manuel Rodríguez e Agustín González, respectivamente.