No Balneario de Arnoia terá lugar mañá xoves, 18 de agosto, a gala de presentación dos equipos ciclistas que participan na 71ª edición da "Vuelta a España". O acto, conducido por Carlos de Andrés e Perico Delgado, contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director xeral da "Vuelta 2016", Javier Guillén; da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e do alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio. O apartado musical contará coa actuación da cantante Marta Sánchez.