Na sala de xuntas do Pazo Provincial, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa mañá xoves, 8 de setembro, na presentación das xornadas técnicas sobre termalismo, que baixo o título "Os profesionais da saúde ante os usos da auga mineiro-medicinal termal" se celebrarán os días 21 e 22 de setembro no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.