.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá xoves, 22 de setembro, a presentación da "Romaría da Saínza" do Concello de Rairiz de Veiga. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a alcaldesa do Concello de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade; e o membro da asociación "Amigos da Saínza", Jose Antonio Cao.