.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá xoves, 29 de setembro, a presentación da sétima edición de "Parroira-Bike" do Concello da Merca. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; do concelleiro de Deportes do Concello da Merca, José Manuel Taín; e do presidente do Club Ciclista Endoureiros, Antonio Gago.