.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá xoves, 29 de setembro, a presentación do I Congreso Internacional e III Xornadas de Educación Social e Escola. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do educador social, Alberto Fernández; do vicedecano de Educación Social da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense, Xosé Manuel Cid; e da presidenta da Asociaçao dos Educadores e Educadoras Sociais do Estado de Sao Paulo (Brasil), Valeria Aroeira.