.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 6 de outubro, a inauguración da exposición "Saúde e Terra, irmá(n)s!", que conmemora o centenario da fundación das Irmandades da Fala. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do director do Centro Cultural "Marcos Valcárcel", Francisco González; da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; do presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi; e do secretario da Real Academia Galega, Enrique Monteagudo.