Presentación do "32º Día da Bici"

Compartir
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar o vindeiro xoves, 13 de outubro, a presentación do "32º Día da Bici". O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede, e do presidente da Fundación "Ado Moure", Carlos Moure.