.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar o vindeiro luns, 17 de outubro, a presentación do curso "Alteración, análise, prevención e conservación do Granito". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da alcaldesa do Concello de Parada de Sil, Yolanda Jácome; do organizador do curso e conservador-restaurador, Gonzalo Buceta; e da diplomada en conservación e restauración de Bens Culturais coa especialidade de arqueoloxía, Carmen G. Feito.