.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá mércores, 19 de outubro, a presentación da 30ª edición do "Anuario da Gaita". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval: o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo; o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; e o colaborador asiduo do anuario, Manuel Riego Neto.