.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense, terá lugar mañá xoves, 20 de outubro, a presentación do III ciclo "Cata a arte". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Felicísimo Pereira; da presidenta de Down Ourense, Mª del Pilar Prieto; da pianista, María Mendoza; e dos representantes das bodegas que participan na actividade: Alanis, Alter-Viña da Cal, Quinta do Rebolo, Pazo Casanova, Cunqueiro e Nairoa.