Acto de entrega do XIII Premio "Pura e Dora Vázquez"

Compartir
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidirá o vindeiro luns, 24 de outubro, o acto de entrega do XIII Premio "Pura e Dora Vázquez" de narración e ilustración infantil e xuvenil, que se celebrará no colexio público de Luíntra (Nogueira de Ramuín). A gañadora desta edición na modalidade de narración foi a escritora compostelá Monserrat Pis Marcos, coa obra Damalaur, mentres que na modalidade de ilustración o galardonado foi o coruñés Francisco Pérez Villanueva.