Presentación da II Andaina "Serra Mosteironda" de Velle

Compartir
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá martes, 25 de outubro, a presentación da II Andaina "Serra Mosteironda" de Velle. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; e dos directivos da asociación de Veciños Santa Marta de Velle, Francisco Sotelo e Miguel Ángel Muñiz.