.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá mércores, 26 de outubro, a presentación do novo formato do Observatorio Económico Ourensán e dos datos correspondentes ao informe de outubro de 2016. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do profesor da Universidade de Vigo, Andrés Mazaira.