.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da III Carreira Popular de Monterrei. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes, Bernardino González; do alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; do responsable de Deportes de Monterrei, Marcos Meno, e do presidente da asociación deportiva Limiactiva, Oscar Gómez.