.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa mañá xoves no acto de lembranza á figura do galeguista ourensán Rodolfo Prada Chamochín, que terá lugar na sede do Consorcio dos Peares. O acto contará tamén coa participación do escritor e xurado do Premio Ourensanía, Luis González Tosar; do presidente da Asociación Cultural "Rodolfo Prada Chamochín", e do concelleiro da Peroxa José Manuel Rodríguez Feijoo.