.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar o vindeiro luns, 7 de novembro, a presentación da XI edición do concurso internacional de "Tempranillos ao Mundo". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente nacional de enólogos, Santiago Jordi; do presidente da Asociación Galega de Enólogos, Luis Buitrón; e o director da Estación de Viticultura e Enoloxía, Juan Casares.