Acto "Castelao e Prada: Irmaus!".-

Compartir
A Deputación de Ourense organiza o acto "Castelao e Prada: Irmaus!", co gallo do 69 cabodano do ilustre galeguista Castelao, actuando como mantedor do acto o catedrático de Historia Contemporánea da USC e expresidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares. No acto intervirán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o escritor e representante da familia Prada Allende, Luís González Tosar. A celebración será na Sala de Recepcións e Protocolo do Pazo Provincial (antiga Biblioteca), onde se atopan os restos mortais do galeguista Rodolfo Prada Chamochín.