.- A Deputación de Ourense celebra mañá sábado, 26 de novembro, a súa Xornada de Portas Abertas, con motivo da celebración da 4ª edición da "Semana Escolar da Provincia e a túa Deputación" que organiza o goberno provincial. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, realizará a primeira visita da xornada.