.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará mañá xoves, 1 de decembro, na XIV Xornada de Homenaxe a Eduardo Blanco Amor que terá lugar no Cemiterio de San Francisco, en Ourense. O acto tamén participará o presidente do Pen Galicia, Luis González Tosar; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o alcalde do Concello de Ourense, Jesús Vázquez Abad; a mantedora do acto, Malores Villanueva; e alumnos do IES Blanco Amor.