Presentación da Exposición Fotográfica de Prevención de Atropelos

Compartir
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar o vindeiro luns, 12 de decembro, a presentación da Exposición Fotográfica de Prevención de Atropelos "Peatón no atravieses tu vida". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do xefe provincial de tráfico David Llorente; e da asociación "Stop Accidentes Ourense", Benito Bouzada e Daniel Pousada.