.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá venres, 16 de decembro, a presentación do "Taller de realización cinematográfica" que impartirá Victor Erice. O taller está coorganizado por "La Plantación. Encuentros y conocimiento" e polo Centro Cultural "Marcos Valcárcel". No acto participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a directora de "La Plantación", Elisa Pereira; e do director do Centro Cultural, Francisco González Bouzán.