.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 22 de decembro, a presentación da exposición "Pop Art Icons". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da presidenta da Fundación Cum Laude, Ángeles Rodríguez Baliño; do directivo de MBA, Iñaki López Aranguren; e do director do Centro Cultural, Francisco González.