Presentación do Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas.

Compartir
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar o vindeiro luns, 26 de decembro, a presentación do Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas e do CD/DVD Premio "Excelentia" á cultura 2016. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do Bispo de Ourense, Leonardo Lemos; do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; do concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández; e do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo.