Presentación do campionato galego de tiro con arco.-

Compartir
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 12 de xaneiro, a presentación do campionato galego de tiro con arco, que se celebrará no pavillón de Taboadela a vindeira fin de semana. O acto de presentación contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; dos alcaldes de Taboadela e da Teixeira, Manuel Gallego e Miguel Cid; do concelleiro de Taboadela José Antonio Paz, e dos arqueiros Jorge Cadavid e Claus Seara.