Presentación de "Tertulias Literarias" para Escolares da ESO e de Bacharelato

Compartir
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 31 de xaneiro, a presentación de "Tertulias Literarias" para Escolares da ESO e de Bacharelato. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; da concelleira de Educación do Concello de Ourense, Belén Iglesias; e da coordinadora do programa, Sara Dacal.