- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa mañá mércores, 1 de febreiro, na Xornada de "Transparencia pública en Galicia", un evento no que se dará a coñecer o estudo "A transparencia pública na Comunidade Autónoma de Galicia", realizado pola Asociación transparencia pública e a sociedade civil, coa colaboración da Universidade de Santiago. Manuel Baltar analizará no seu relatorio a transparencia institucional e a experiencia da Deputación de Ourense neste ámbito. O acto terá lugar na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.