Sinatura do convenio para estudos sobre municipalismo

Compartir
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director da Asociación GEN+, o profesor Santiago Lago, asinarán mañá mércores, 8 de febreiro, o convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e a Asociación GEN+ para a realización de estudos, investigación e difusión sobre o municipalismo. O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".