- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugurará mañá martes, 21 de marzo, a xornada "Territorio Intelixente" na que colaboran o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela. O acto terá lugar no Parador de Santiago de Compostela (Praza do Obradoiro,1).