Convenio Deputación de Ourense e Universidade de Vigo

Compartir
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará mañá mércores, 22 de marzo, un convenio de colaboración co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, para o desenvolvemento de actividades de difusión cultural no Campus de Ourense no ano 2017. O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.