Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do Campionato Galego de Kickboxing 2017, na proba de Light Contact (Contacto controlado). O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente da Federación Deportiva Galega de Kickboxing, Serafín Mayo; e do presidente da Fundación Cipri Gomes, Cipriano Gomes.