.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá mércores, 5 de abril, a presentación da obra Blues para Moiraima, gañadora do XXXV premio de novela "Eduardo Blanco Amor, que organiza a Deputación de Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do autor do libro, Miguel Anxo Fernández, e do presidente de Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión.