Presentación da VIII Copa Galicia Internacional de Ximnasia de Trampolín

Compartir
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 20 de abril, a presentación da VIII Copa Internacional de Ximnasia de Trampolín. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; do presidente e da secretaria xeral da Federación Galega de Ximnasia, Jose Manuel Estéves e Cristina Sánchez, respectivamente.