- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 20 de abril, a presentación do 7º Torneo Internacional Veteranos "Cidade de Ourense" de Balonmán. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; do presidente e do directivo da Asociación Amigos do Balonmán Ourense, José Manuel Brea e Javier Romero, respectivamente; e do adestrador do Club "Balonmano Pabellón" 86/87, Eduardo Fortes.