Presentación do Campionato Galego de Triatlón
Os mellores deportistas da especialidade de triatlón daranse cita o vindeiro 13 de maio no Campionato Galego de Triatlón - II Copa Deputación de Ourense, que se disputará cun percorrido que abrangue os concellos de Castrelo de Miño, Leiro e Avión, un evento que hoxe se presentou na Deputación de Ourense, entidade colaboradora desta proba.
No acto estiveron presentes os organizadores da proba e o coordinador, Floro González; o deputado provincial de Deportes, Luciano Rivero; o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o alcalde de Avión, Antonio Montero, e a concelleira de Deportes de Castrelo de Miño, acompañados pola campiona de España de Triatlón, a galega Saleta Castro, e polo entrenador do atleta Gomez Noya, Omar González.
A proba, na que están inscritos preto de cen atletas, consistirá en tres modalidades: natación (2 quilómetros), ciclismo (80 quilómetros) e carreira (20 quilómetros), proba que foi definida por Omar González como "unha loita entre o atleta contra si mesmo polo seu afán de superación e sacrificio".
Pola súa banda, Luciano Rivero, dixo que a Deputación de Ourense "estará sempre ao carón do deporte, polos valores que representa par a nosa xuventude", e nesta proba en concreto "porque permite ademais dar a coñecer lugares singulares da nosa provincia e promocionar a actividade deportiva no rural ourensá".
Más información gráfica: