A Deputación de Ourense destinará 290.000 euros a deporte e acción social
A Deputación de Ourense destina 290.000 euros a deporte e acción social. As comisións informativas da Deputación de Ourense reunidas hoxe dictaminaron levar a pleno para a súa aprobación axudas por importe de 290.000 euros para entidades deportivas, co obxectivo de fomentar o deporte en Ourense, e tamén para a realización de actividades benéficas e sociais, enmarcadas no plan de servizos sociais "BenOurense", que se presentará o vindeiro mes de xullo. En concreto, no que atinxe ao deporte, a Deputación de Ourense destinará axudas por importe de 150.000 euros, e para entidades de acción social a cantidade ascende a 140.000 euros.
Precisamente, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe con delegados das federacións deportivas en Ourense para analizar a situación económica, organizativa e deportiva das entidades deportivas na provincia, xuntanza na que Baltar lles comunicou que levará ao pleno da vindeira semana para a súa aprobación a citada liña de axudas ao deporte, que se realizará mediante convocatoria de concurso público a través do procedimiento de concurrencia competitiva.
Baltar informou aos representantes das federacións, para que eles llo transmitan aos clubes, da difícil situación económica pola que atravesa a institución provincial, pese ao cal, a Deputación seguirá destinando recursos para o deporte e apoiando a práctica deportiva e o desenvolvemento dos clubes na provincia de Ourense.